CONSELLERIA DE EDUCACIÓN PUBLICA AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

25. 02. 13

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Proba de acceso a grao medio, requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.

Proba de acceso a grao superior, requisitos das persoas participantes

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan cumpridos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250213/AnuncioG0761-040225-0003_gl.pdf