ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA 6 EDICIÓNS DO CURSO DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

25. 02. 19

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan seis edicións do Curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de inscrición será ata o 27 de febreiro de 2025 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioO3C2-110225-0002_gl.pdf