ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA CURSOS DE RECICLAXE DE SOCORRISMO ACUÁTICO, VÁLIDOS PARA A RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN NO REXISTRO PROFESIONAL DO PERSOAL DE SOCORRISMO, INFORMACIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS DE GALICIA

25. 02. 19

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2025. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será ata o 27 de febreiro de 2025 a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250218/AnuncioO3C2-110225-0001_gl.pdf