SMARTPEME ESTÁ DE VOLTA NA ESTRADA (2)

25. 02. 20

O servizo de asesoramento e axuda en capacitación tecnolóxica e dixital da Deputación de Pontevedra, SmartPeme volve a toparse activo en todas as súas oficinas: Vigo, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Barro, Cambados e Lalín. De igual xeito, o servizo seguirá prestando atención na vila de A Estrada todos os segundos e últimos mércores de cada mes en horario de mañá (9.00 a 14.00h). 

Este servizo, de balde para negocios e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra, axuda a que persoas autónomas, emprendedoras e pequenas e medianas empresas poidan mellorar os seus recursos dixitais e ser máis eficientes no seu día a día grazas á dixitalización.

 Cales son as vantaxes do servizo?

  • ​Axuda en creación de páxinas web ou modificación de webs xa creadas
  • Axuda e orientación nas tendas en liña ou comercio electrónico
  • Asesoramento e axuda en posicionamento en buscadores
  • Axuda para mellorar redes sociais e mellorar o seu rendemento
  • Axuda en imaxe corporativa
  • Axuda e asesoramento tanto en marketing convencional coma en marketing dixital
  • Axuda co email marketing
  • Axuda e asesoramento en intelixencia artificial para automatizar procesos sinxelos

​​

asesoramento é totalmente personalizado. A través de sesións individuais, abordanse necesidades específicas relacionadas coa transformación dixital, competitividade e innovación do negocio.
 
Ofrece formación continua. A través de obradoiros e actividades formativas, tanto presenciais como en liña, sobre diversas temáticas como xestión de redes sociais, comercio electrónico, ciberseguridade e máis. 
 
Rede de Puntos de Atención. Conta con varias oficinas distribuidas estratéxicamente en toda a provincia, facilitando o acceso aos seus servizos en diferentes comarcas.
 
Podes atopar o servizo todos os segundos e últimos mércores do mes no concello de A Estrada, no Viveiro de Empresas do Concello da Estrada.

SmartPeme é un recurso valioso e de balde para autónomos, empresas e emprendedores que busquen mellorar a súa competitividade e adaptarse ás esixencias do mercado actual mediante a incorporación de novas tecnoloxías e prácticas innovadoras.
 
Podes solicitar a túa cita coa asesora de SmartPeme A Estrada, Fátima Faílde, a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través do teléfono 886 202 020.