Inserta Emprego pon en marcha a seguinte formación dirixida a persoas con discapacidade: “CERTIFICADO PROFESIONAL LIMPEZA DE SUPERFICIES E MOBILIARIO EN EDIFICIOS E LOCAIS ED. 1/25”, que se impartirá en Santiago de Compostela, en colaboración con GDOCE GRUPO EMPRESARIAL DE SERVIZOS (Polg. do Tambre, Vía Edison 1C, Santiago de Compostela).
O alumnado dispoñerá dunha bolsa estándar de asistencia ao curso de 11 euros diarios, que se podería incrementar en casos especiais (coidado de fillos/as menores de 12 anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao de consanguinidade).
HORAS: 230
DATAS: 13/03/2025 ao 20/05/2025
CENTRO DE FORMACIÓN: GDOCE (Polg. do Tambre, Vía Edison 1C, Santiago de Compostela)
OBXECTIVO: Facilitar ás persoas demandantes de emprego con discapacidade, os coñecementos e as habilidades necesarias para realizar as tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais, seleccionando as técnicas, útiles, produtos e máquinas para garantir a higienización, conservación e mantemento, no seu caso, baixo a supervisión do profesional competente, cumprindo coa normativa aplicable en materia de seguridade e saúde.
LIGAZÓN PARA INSCRICIÓN: https://www.portalento.es/Candidatos/Cursos/Detalle/limpieza-de-superficies-y-mobiliario-en-edificios-y-locales/41909
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 28 de febreiro.
Se tes algunha dúbida podes contactar con Vanesa Sobral nos teléfonos 981 55 44 83 | 664 633 016