CONSELLERIA DE EDUCACIÓN CONVOCA A PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

25. 03. 03

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de vinte anos ou facer esa idade no ano 2025.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2024/25.

A proba realizarase en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril de 2025 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

As persoas interesadas en participar na proba presentarán unha única solicitude de inscrición (anexo I).

Na solicitude de inscrición deberase indicar a modalidade de bacharelato elixida e os exames en que se solicite inscrición. 

O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250303/AnuncioG0761-240225-0001_gl.pdf