AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA AS PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX)

25. 05. 06

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix), no seu nivel Iniciación.

1. As probas desenvolveranse os días 18, 19 e 20 de xuño de 2025.

2. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250506/AnuncioG0177-280425-0001_gl.pdf