DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA CURSOS DE ESPAÑOL PARA PERSOAS INMIGRANTES PARA A PREPARACIÓN DO DELE A2 PARA O ANO 2021

21. 04. 09

As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisan preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.

Daráselles prioridade ás persoas que se atopen preparando ou preparasen as probas do exame de certificación do nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no DOG do 20 de xaneiro de 2012) ou a través dalgunha Administración pública.

Os requisitos das persoas participantes serán:

— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española

— Ser maiores de 16 anos

— Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

— Atoparse en situación administrativa regular en España

— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

— Saber ler e escribir

— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER

Terceira. Oferta de cursos

Ofértanse tres (3) edicións, de ata cincuenta e cinco (55) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por aula, no caso de que estes cursos poidan ser presenciais en función da evolución da situación pandémica xerada pola COVID-19.

Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:

PRIMEIRA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 24 de maio ao 11 de xuño

— Número de horas: 40

— Horario: de 15.30 a 18.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 20

SEGUNDA EDICIÓN: VIGO. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 14 de xuño ao 2 de xullo

— Número de horas: 40

— Horario: de 9.30 a 12.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 15

TERCEIRA EDICIÓN: PONTEVEDRA. No lugar que determine a Deputación de Pontevedra

— Datas: do 13 de setembro ao 1 de outubro

— Número de horas: 40

— Horario: de 9.30 a 12.10 horas

— Número máximo de participantes por aula: 20

Tras finalizar estas edicións, o alumnado dos cursos presentarase ao exame do DELE A2 levado a cabo polo Instituto Cervantes en Vigo, que terá lugar o 10 de setembro para as persoas candidatas da 1.ª e da 2.ª edición e o 13 de novembro para as da 3.ª edición.

O prazo de inscrición será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/04/09/2021018245