XUNTA DE GALICIA ABRE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FORMAR PARTE DA BOLSA DE PERSOAS FORMADORAS COLABORADORAS PARA IMPARTIREN OBRADOIROS FÓRA DE GALICIA

25. 07. 07

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se acorda a apertura do prazo de presentación de solicitudes para formar parte da bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia, establecida na Resolución do 14 de decembro de 2023 pola que se regula o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros fóra de Galicia (código de procedemento PR933A).

Habilitar un prazo de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de candidaturas nunha ou varias actividades das relacionadas a continuación:

a) Artesanía e folclore tradicional galego: baile, gaita, percusión, pandeireta, canto, outros instrumentos novos do folclore galego (frauta, requintas...), confección de traxes tradicionais e encaixe.

b) Cociña galega

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250707/AnuncioG0767-260625-0001_gl.pdf