ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CONVOCA CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE (NIVEL BÁSICO)

25. 08. 18

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de agosto ao 5 de setembro de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/ matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250818/AnuncioO150-310725-0002_gl.pdf