Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (códigos de procedemento IF310A, IF310B e IF310C).
Rexeranse polas bases contidas neste anexo:
a) As probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310A).
b) As probas para renovar o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310B).
c) A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).
Participarán nas probas da modalidade a) aquelas persoas que aspiren a obter por vez primeira o certificado. Participarán na modalidade b) aquelas persoas que xa sexan titulares do certificado e precisen renovalo de conformidade coa normativa vixente; en concreto, o dito certificado estará en vigor e dentro do seu último ano de validez o día da realización das probas.
As probas indicadas no punto anterior abranguerán as seguintes especialidades:
a) Todas as clases.
b) Clase 1 (materias e obxectos explosivos).
c) Clase 2 (gases).
d) Clase 7 (materias radioactivas).
e) Clases 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9 (materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo europeo para o transporte internacional de mercadorías perigosas por estrada -ADR- e no Regulamento relativo ao transporte internacional por ferrocarril de mercadorías perigosas -RID-).
f) Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).
O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0533-290622-0002_gl.pdf
Ciclos de F.P. Dual de adultos existentes no centro:
• C.S. de Administración de Sistemas Informáticos en rede.
• C.M. de Instalación e Amoblamento.
.
OFERTA CICLOS FORMATIVOS DO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
FAMILIA PROFESIONAL MADEIRA E MOBLE
Ciclo Básico Carpintaría e Moble
Ciclo Medio Carpintaría e Moble
Ciclo Medio Instalación e Amoblamento
Ciclo Superior Deseño e Amoblamento
FAMILIA PROFESIONALADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
Ciclo Superior Administración e Finanzas
FAMILIA PROFESIONAL INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS
Ciclo Básico Informática de Oficina
Ciclo Medio Sistemas Microinformáticos e Redes
Ciclo Superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Ciclo Superior Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
FAMILIA PROFESIONAL TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS
Ciclo Básico Mantemento de Vehículos
Ciclo Medio Electromecánica de Vehículos Automobiles
Esta oferta posiblemente se vexa incrementada no curso 22/23 cos seguintes ciclos:
• C.S. de Deseño e Amoblamento.
• E.M. Mantemento de Vehículos Híbridos e Eléctricos
Se queres recibir máis información podee poñerte en contacto connosco no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no teléfono 886 151 924.
Son 4 cursos en modalidade en liña completamente gratuítos.
Accede aquí: https://amicos.org/formacionemprego/
E non olvides que a Fundación Amicos está presente na Estrada, todos os días!!! Están no viveiro de empresas municipal (1º andar do Novo Mercado).
O noso compañeiro, Pablo Penide, prestarache todo o apoio no tocante á orientación e formación laboral.
Podes pedir unha cita con él chamando ao teléfono: 674 073 048 / 981 865 716 o
Tamén podes facer uso do seu enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest
Cando: Martes 28 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
Copywriting aplicado a web e redes sociais
Cando: Martes 28 de xuño de 18:00 a 19:00 horas
Vende os teus productos en Facebook e Instagram
Cando: Mércores 29 de xuño de 12:00 a 13:00 horas
FABRICACIÓN DIXITAL. Escáner 3D
Cando: Xoves 30 de xuño de 11:00 a 13:00 horas