on 29 Agosto 2022
Queres mellorar as túas competencias dixitais?
 
Fundae dáche a oportunidade con novos cursos de @Google .
 
🔵 Elixe o teu ⤵️
🔸 Soporte IT
🔸 Análise de datos
🔸 Xestión de proxectos
🔸 Deseño e experiencia de UX
🔸 Python
 
💻 Máis información: https://t.co/amN3lMBCXl
on 22 Agosto 2022

1.- PROXECTO NEW FOREST: este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Empleaverde, financiado polo Fondo Social Europeo. Os cursos dispoñibles dentro deste proxecto son os seguintes:

1)         Curso "Técnicas de extracción e aproveitamento de resinas". (50 horas: 30 online e 20 presenciais, zona Porto do Son)

2)         Curso “Recolección de froitos, sementes, fungos e plantas”. (50 horas: 30 online e 20 presenciais)

Para participar neste proxecto, os alumnos deben remitirnos a seguinte documentación:

  • ficha de participante de NEW FOREST, asinada (manual ou electronicamente), que vos enviamos adxunta a este correo.
  • O seu DNI.
  • A súa tarxeta do paro.
  • O certificado ou tarxeta de discapacidade (de ser o caso).

2.- PROXECTO INNOVA-EMPLEO: este proxecto conta tamén coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Empleaverde, financiado polo Fondo Social Europeo. O itinerario formativo que temos dispoñible dentro deste proxecto consta dos seguintes cursos (hai que realizar os 3 cursos):

1)    Curso "Axentes dinamizadores dos ODS: As Rías Baixas como Escenario do Cambio". (25 horas: 10 online e 10 presenciais, zona O Grove ou Porto do Son, segundo demanda)

2)    Curso “Sesións de marca persoal e CV 2.0" (50 horas presenciais, na Casa Azul en Pontevedra ou en Amicos en Boiro, segundo demanda)

3)    Curso: Networking "Búsqueda de oportunidade de emprego verde/azul nas RB". (5 horas presenciais, na Casa Azul en Pontevedra ou en Amicos en Boiro, segundo demanda.)

Para participar neste proxecto, os alumnos deben remitirnos a seguinte documentación:

  • ficha de participante de INNOVA-EMPLEO, asinada (manual ou electronicamente), que vos enviamos adxunta a este correo.
  • O seu DNI.
  • A súa tarxeta do paro.
  • O certificado ou tarxeta de discapacidade (de ser o caso).

3.- PROXECTO INTERCOSTAS II: Este proxecto conta tamén coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Empleaverde, financiado polo Fondo Social Europeo. O itinerario formativo que temos dispoñible dentro deste proxecto consta dos seguintes cursos:

1)     Curso ecomarketing: diseño e comercialización de paquetes turísticos azules responsables en Galicia (25 horas online/ 15 h presenciais) Lugar: Vigo-Pontevedra. Fecha de inicio: 21 de setembro.

2)     Curso implementación e certificación da marca: valorización de productos e Servizos ligados ao turismo responsable dentro dos espazos naturais de Galicia, (25 horas online/15 presenciais) Fecha de inicio: 21 de setembro.

 

Para participar neste proxecto, os alumnos deben remitirnos a seguinte documentación:

  • ficha de participante de INTERCOSTAS II, asinada (manual ou electronicamente), que vos enviamos adxunta a este correo.
  • O seu DNI.
  • A súa tarxeta do paro.
  • O certificado outarxeta de discapacidade (de ser o caso).

4.- PROXECTO CEPES AMICOVID: este proxecto consiste, por unha banda, nunha oferta formativa online gratuíta e, por outra banda, nun servizo de orientación laboral gratuíto (a distancia ou presencial, para persoas con discapacidade), por se precisaran axuda na procura de emprego. Ambas opcións, formación e orientación, son independentes, podendo optar polas dúas ou unha soa.

As accións formativas que temos actualmente dispoñibles, dentro deste proxecto, son as seguintes:

1)    Habilidades sociais: comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo (20 horas, online).

2)    Intelixencia emocional (10 horas, online).

3)    Técnicas na procura de emprego (15 horas, online).

4)    Ferramentas TIC para a procura de emprego (15 horas, online).

Para participar neste proxecto, os alumnos deben remitirnos a seguinte documentación:

  • ficha de participante de AMICOVID, asinada (manual ou electronicamente), que vos enviamos adxunta a este correo.
  • O seu DNI.
  • A súa tarxeta do paro.
  • O certificado ou tarxeta de discapacidade (de ser o caso).

 Persoas interesadas contactar no teléfono 981 865 716, de luns a venres, en horario de 9:00 a 18:00 

Teléfono: 674 095 685

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 22 Agosto 2022

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día 22 de agosto ata as 23.55 horas do día 31 de agosto de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioO150-260722-0001_gl.pdf

on 22 Agosto 2022

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220819/AnuncioG0655-280722-0001_gl.pdf

on 05 Agosto 2022

Curso: Bo Trato. Base para unha Vida Plena

Data de celebración: Sábado 24 de setembro de 2022.

Duración: 8 horas.

Horario: De 09:30 a 14:30 e 15:30 a 18:30 horas

Lugar de celebración: Salón de Actos de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-B. Polígono Industrial do Tambre.15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Prezo: De balde. Subvencionado pola Xunta de Galicia, Conselleria de Política Social e Xuventude.

Nº prazas: 25 prazas.

Destinatarios/as: Profesionais do voluntariado e Voluntarios/as en entidades sociais

Prazo de inscrición: Ata o 12 de setembro de 2022. A admisión comunicarase vía e-mail o mércores 14 de setembro.

Máis información: Adxúntase ficha técnica e formulario de inscrición ou no seguinte hipervínculo:https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-bo-trato-base-para-unha-vida-plena

on 03 Agosto 2022

Persoas destinatarias: persoas con discapacidade ou incapacidade laboral

DURACIÓN:
100 horas repartidas da seguinte maneira:
• • 30 horas teóricas
• 70 horas prácticas • FORMACION TEÓRICA: 23 de Setembro ó 30 de setembro
• HORARIO: 9 a 14 horas
• LUGAR: CUNTIS – Polígono Industrial A Rá s/n

DATAS:
• • FORMACION PRÁCTICA: 3 de outubro ao 28 de outubro (Horario flexible según empresa de prácticas).
Realizarase en empresas o máis cercanas posibles ó lugar de residencia da persoa participante

CONTIDOS:
UNIDAD DIDÁCTICA 1. ATENCIÓN Ó PÚBLICO E SERVICIOS OFERTADOS POLA ESTACIÓN DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 2. FUNCIONAMENTO DA ESTACIÓN DE SERVICIOS. SURTIDORES E LIMPEZA
UNIDAD DIDÁCTICA 3. INFORMÁTICA E MEDIOS DE PAGO NAS ESTACIÓNS DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 4. PREVENCIÓN DE RIESGOS EN ESTACIÓNS DE SERVICIOS
UNIDAD DIDÁCTICA 5: MANIPULADOR DE ALIMENTOS

AS PERSOAS INTERESADAS PODEN POÑERSE EN CONTACTO COA ENTIDADE ORGANIZADORA DO CURSO:

COGAMI PONTEVEDRA. Tlf: 986 863 709