on 02 Agosto 2022
Están dirixidos a persoas traballadoras ocupadas (do Réxime Xeral ou autónomos) de calquera sector produtivo.
 
Tamén poderían incluír a persoas desempregadas pero a prioridade son traballadores/as ocupados/as. Entrarían se quedan prazas libres de ocupados/as.
 
Non ten custo para as persoas participantes nin gasta crédito de formación. Esta totalmente subvencionado.
 
O que si se esixe é o 100% de asistencia ao mesmo pero haberá unha porcentaxe de horas que se poderá faltar con xustificación e que oscilará entre un 10% e o 20%.
 
Pero esas faltas deberán ser recuperadas para completar o 100% das horas da formación.
 
Se desexas participar nesta formación, debes enviar  a seguinte documentación:
 
FM121 cuberta cos datos dos alumnos.
Fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria
Cabeceira de nómina ou recibo de autónomos ou Demanda de Emprego
 
As prazas asignaranse por estrita orde de chegada da documentación completa.
 
 
 
on 22 Xullo 2022

Plugins de WordPress para mellorar a túa web

Cando: Mércores 27 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking

Cando: Xoves 28 de xullo de 11:00 a 12:00 horas

INSCRÍBETE

Ferramentas de Google para axudar ao teu negocio

Cando: Venres 29 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 21 Xullo 2022

Xa están dispoñibles máis de 1.300 prazas de #formación en Galicia para mellorar a cualificación profesional do sector.

A Fundación Laboral da Construción Galicia vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para impartir 28 accións formativas, de carácter non formal, financiadas pola Unión Europea-Next GenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

 Toda a información: https://galicia.fundacionlaboral.org/actualidad/noticias/territorial/a-fundacion-laboral-de-la-construccion-ofrece-1300-prazas-de-formacion-en-galicia-para-mellorar-a-cualificacion-profesional-do-sector?fbclid=IwAR0odHym1b_9mJLTK9Krv1wyZHoW3mJ6G9wr9uAnjSeKN4XvkSjgb--l8T0

Listaxe de cursos: https://galicia.fundacionlaboral.org/formulario/contacto-cursos-subvencionados-2022?fbclid=IwAR0i7bOiCDhK6RzoPNIo9_cYGFqsSSW1zD8jAXg5RKkNFyjHcbW0JJ8VcHc

on 20 Xullo 2022

Prazo aberto de inscrición ata o 01/08/2022

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Por que?

Porque desde a Xunta de Galicia queren favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Como?

A través das seguintes accións:

1. Traballo con persoas mentoras: apoio para a inserción laboral por conta propia ou allea, a través dunha persoa mentora,que será un profesional con experiencia no sector económico do teu interese.

2. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.

3. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Para?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.

Para o caso de persoas emigrantes retornadas poderán ter rematado os estudios fóra de Galicia, sempre e cando os teñan correctamente homologados.

• Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.

• Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Cando?

Aberta a convocatoria da II Edición ata o 1 de agosto de 2022

INSCRÍBETE XA EN:  xuventudementoring.gal

https://www.xuventudementoring.gal/

on 19 Xullo 2022

Todas as accións formativas en #PRL son gratuítas e poderán participar nelas traballadores/as por conta allea, traballadores/as por conta propia e persoas desempregadas.

CURSO BÁSICO DE PRL-60 HORAS OU-60-01 (01/09/2022 - 16/09/2022)
CURSO BÁSICO DE PRL-60 HORAS OU-60-02 (01/09/2022 - 16/09/2022)
CURSO BÁSICO DE PRL-60 HORAS OU-60-03 (19/09/2022 - 30/09/2022)
CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS. NORMA UNE 58451:2016 OU-01 (26/09/2022 - 28/09/2022)
CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS. NORMA UNE 58451:2016 OU-02 (28/09/2022 - 30/09/2022)
CURSO TRABALLOS EN ALTURA OU-03 (03/10/2022 - 05/10/2022)
CURSO CARRETILLAS ELEVADORAS. NORMA UNE 58451:2016 OU-04 (06/10/2022 - 08/10/2022)
CURSO CONDUCIÓN E MANEXO SEGURO GUINDASTE PONTE/PÓRTICO (UNE 58-140-94/ISSO 9926-1:1990) OU-05
CURSO TRABALLOS VERTICAIS OU-06
CURSO IMPORTANCIA E NECESIDADE DA XESTIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS: UNHA MIRADA PRÁCTICA OU-07
CURSO TRABALLOS EN ESPAZOS CONFINADOS OU-08

Para inscribirse deberá:

1. Cumplimentar o formulario de inscrición na seguinte ligazón https://lnkd.in/dBKjHhUU

2. Tamén, se o prefire, pode cumprimentar “Ficha de Inscrición” adxunta a este correo e enviala por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

3. Se desexa consultar os programas detallados de cada acción formativa poderá descargar o documento que atopará na seguinte ligazón https://lnkd.in/dxX2wN24

4. Para calquera dúbida poderá dirixila ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou tambén chamar ao teléfono 988 391 110.

on 15 Xullo 2022

Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector

Cando: Mércores 20 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Apps para axenciar citas no teu negocio

Cando: Xoves 21 de xullo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.