on 16 Febreiro 2021

Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis, nivel básico, para persoal empregado público,
traballador por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 26 de febreiro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioO150-040221-0001_gl.pdf

on 15 Febreiro 2021
  • Impresión 3D VI – Laminador Cura II

Cando: Xoves 18 de febreiro de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio

Cando: Xoves 18 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Informes personalizados en Google Analytics

Cando: Venres 19 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

 

on 15 Febreiro 2021

Programa Formativo sobre a Galeguidade no Exterior.

As secretarías xerais da Emigración e Política Lingüística colaboran con Fundehsga nun programa formativo sobre a galeguidade no exterior:
https://lnkd.in/dJyUw4X

O programa “Cultura Galega e Emigración: a galeguidade na diáspora” conta con tres cursos, o primeiro deles de iniciación, o segundo intermedio e o terceiro superior.

O primeiro deles desenvolverase, vía on line, do 5 de abril ao 24 de maio e contará con 150 prazas.

 Inscrición: https://www.fundehsga.com/

FUNDEHSGA: https://lnkd.in/dv4Zf7t

on 15 Febreiro 2021

 

Nova edición do curso: "A Economía Social e a Modernización do Sector Agroalimentario: Certificacións de Calidade e Medioambientais"

Inscrición gratuíta!

Prazas limitadas

Modalidade: en liña.

Datas: do 22 de febreiro ao 31 de marzo de 2021

Duración 70 h.

O curso consta de tres unidades didácticas:

Cooperativismo no sector primario.
Certificacións de calidade.
Certificacións medioambientais.

Formulario de inscrición: https://lnkd.in/dPjVfFA

Máis información: https://lnkd.in/dx2urtU

 Para máis información:
981 584 783
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

on 12 Febreiro 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do
título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210212/AnuncioG0598-040221-0002_gl.pdf

on 10 Febreiro 2021
 

Trátase dunha acción formativa subvencionada e destinada a persoas en situación de desemprego, que se levará a cabo nas instalacións que COESCO en A Estrada (Rúa San Paio 21-baiso), previsto para dar inicio o 1 de marzo de 2021 e que se prolongará ata o 8 de outubro do mesmo ano, en horario de 9 a 14 h.

Dita acción formativa pertence ao procedemento TR301P, sendo unha acción formativa con compromiso de contratación.

As persoas interesadas, poderán poñerse en contacto con Coesco a través da vías diferentes vías que figuran no cartaz axunto a este mail (teléfonos 986 572 025 – 667 703 711, ou a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Ao ser un certificado cun nivel de cualificación profesional 3, poderán acceder aquelas persoas interesadas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Título de Bacharelato.
  • Algún certificado de profesionalidade de nivel 3.
  • O certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional, neste caso o certificado de Actividades de xestión administrativa (ADGD0308).
  • Cumprir o requisito de accesos a ciclos formativos de grado superior ou haber superado as correspondentes probas reguladas pola administración educativa.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou 45 anos.
  • Ter as competencias clave necesarias de nivel 3, segundo o recollido no anexo IV do RD34/2005.