on 14 Marzo 2022

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo II desta resolución, no cal, se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e tarde.

O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220314/AnuncioO3C2-030322-0002_gl.pdf

on 10 Marzo 2022

150h presenciais e 50h en liña, acompañadas de 150h de prácticas

Para máis información chamar ao teléfono: +34 679 30 61 88
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 08 Marzo 2022

O vindeiro sábado 12 de marzo ás 10.30h  terá lugar no MOME a charla/taller "Descubre o teu solo pélvico" onde se falará sobre recuperación postparto, incontinencia urinaria e terapias preventivas para coidar e recuperar o solo pélvico.

Recomendable traer roupa cómoda.

 
Entrada gratuita e libre, aínda que é conveniente anotarse no mail sanidadeeturismo@aestrada.gal ou chamar ao tf. 986 677 702
on 04 Marzo 2022

Aprende a elixir as palabras clave para a túa estratexia SEO e SEM

Cando: Martes 08 de marzo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

Blockchain, metaverso

Cando: Mércores 09 de marzo de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

Motores de reservas para empresas turísticas

Cando: Mércores 09 de marzo de 17:00 a 18:00 horas

INSCRÍBETE

 

Edita as túas fotografías co teu teléfono móvil: Snapseed

Cando: Xoves 10 de marzo de 12:00 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

on 25 Febreiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2022.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22.

O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.

As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220225/AnuncioG0598-180222-0001_gl.pdf

on 22 Febreiro 2022

Dende COESCO poñen en marcha o Curso AFD para obter a Competencia Clave de Nivel 2 de Matemáticas, precisa para aquelas persoas que, non reunindo os requisitos académicos, queiran acceder á formación para a obtención dos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2.

Trátase dun curso subvencionado para persoas en situación de desemprego, con posibilidade de solicitar axudas para a formación, dependendo de si se atopan en algún dos supostos que recolle a orde.

O curso dará inicio o 2 de marzo de 2022 e prolongarase ata o 8 de abril de 2022, en horario de 9 a 14.

Aquelas persoas interesadas en participar desta formación poden contactar con nós nos números de teléfono 986 572 025 ou 667 703 711 (tamén whatsapp).