on 18 Febreiro 2022

Inicia o programa formativo Medrando Xuntas, da Consellería de Emprego e Igualdade , e que xa vai pola súa sexta edición. 

O programa está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social e ten como finalidade promocionar o talento feminino nestas entidades, visibilizar as potencialidades da economía social para o seu desenvolvemento profesional e ofrecer un curso específico enfocado para apoderar as mulleres.

O programa conta con dous itinerarios diferentes:

Medrando Xuntas directivas, para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección.
Medrando Xuntas socias, para socias e traballadoras. 

En ambos os casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias. 

A formación é gratuíta e desenvolverase no primeiro semestre en modalidade mixta, presencial (se a situación sanitaria o permite) e dixital a través da plataforma ZOOM.

Tamén contará con titorías online individuais para a mellora do desenvolvemento profesional das participantes. Ao finalizar o programa desenvolverase o V Foro participativo aberto ás mulleres da economía social galega.

Toda a información relativa a ambas as dúas formacións pode consultarse na páxina web da Rede Eusumo, nesta ligazón https://lnkd.in/dCFV6Dfe

As inscricións poden realizarse a través de:
Formularios web (para directivas https://lnkd.in/dHzUJ-2i e socias https://lnkd.in/desHih77)
No enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
No teléfono 605 545 606. 

O prazo para inscribirse remata o 21 de febreiro de 2022.

on 18 Febreiro 2022

Blockchain, que é e como funciona

Cando: Luns 21 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Audio márketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast  

Cando: Martes 22 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Crea unha campaña de email márketing con MailChimp

Cando: Mércores 23 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Así funciona Whatsapp Business

Cando: Xoves 24 de febreiro de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Blockchain e criptomoedas

 Cando: Xoves 24 de febreiro de 18 a 19 horas

INSCRÍBETE

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

!! FORMACIÓNS EN LIÑA E TOTALMENTE GRATUÍTAS!!!

on 17 Febreiro 2022

lnclue 51 accións formativas que incidirán en:

RELEVOXERACIONAL

VISIBILIDADE DAS MULLERES

APLICACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS

INNOVACIÓN NO MEDIO RURAL 

 

Toda a información: https://www.mapa.gob.es/es/prensa/ultimas-noticias/el-ministerio-de-agricultura-pesca-y-alimentaci%C3%B3n-impulsa-la-formaci%C3%B3n-como-herramienta-de-modernizaci%C3%B3n-en-el-medio-rural/tcm:30-592475#prettyPhoto

on 17 Febreiro 2022

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2022 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laboráis de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de febreiro de 2022

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220217/AnuncioO150-240122-0001_gl.pdf

 

on 16 Febreiro 2022

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

• Comunicación en lingua galega.

• Comunicación en lingua castelá.

• Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

• Competencia matemática.

Requisitos de participación

Poderán presentarse ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade, tanto do nivel 2 como do nivel 3, as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se celebran as probas;

b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014 pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro). 

No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2022.

Toda a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0599-080222-0002_gl.pdf

Se tes algunha dúbida ou dificultade para inscribirte, desde o departamento de Orientación Laboral do Concello da Estrada, bótanche unha man: Chama ao teléfono: 986 677 788

on 16 Febreiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021-2022 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2021-2022 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Os prazos de matrícula serán:

Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0598-070222-0001_gl.pdf