on 15 Febreiro 2022

Data de comezo: 21 de febreiro 

Lugar: A Estrada

Persoas interesadas: chamar ao teléfono 669 892 628

AXUDA AO DESPRAZAMENTO 

on 15 Febreiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 7 de febreiro de 2022 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2022 (código de procedemento ED527A).

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

Prazo de presentación de solicitudes

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de febreiro ao día 8 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 20 de xuño ao día 4 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioG0598-080222-0001_gl.pdf

on 14 Febreiro 2022

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, que se indican nos anexos I (cursos presenciais) e II (cursos en liña).

Persoas destinatarias

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.

O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220214/AnuncioG0598-260122-0002_gl.pdf

on 11 Febreiro 2022

É de obrigado cumprimento que todo o persoal traballador dos establecementos de hostalería e restauración dispoñan de formación básica ou avanzada, segundo o nivel de compromiso do establecemento.

A realización da formación a través desta plataforma é de carácter gratuíto e voluntario. Preténdese facilitar o acceso do sector do Turismo de Galicia a formación en materia de seguridade e prevención fronte á COVID-19 para facer de Galicia un destino seguro.

Os contidos de cada curso acompañaranse de material didáctico que debe incluir: 

- Manual cos contidos teóricos.

- Outra información de interese: Enlaces a vídeos formativos e bibliografía.

Para a superación de cada curso realizarase unha proba teórica formada como mínimo por 20 preguntas, debendo contestar correctamente un 80% para aprobala.
 
Tras a superación de cada curso, porase a disposición do alumnado un certificado que amosará o programa da formación.
 
 
on 10 Febreiro 2022
Aberto prazo de prescrición da 10ª Edición do Curso en liña gratuíto para profesionais: " ORIENTACIÓN LABORAL: MUJERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO" do programa estatal  Empoder aEmpleo, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
 
Do 21 DE Febreiro ao 20 de Marzo de 2022 (30 horas lectivas) 
 
 
Prazas limitadas! Unha vez pechado o formulario de preinscrición, poñerémonos en contacto coas persoas seleccionadas. 
 
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
on 10 Febreiro 2022

Centro: FORMA-TEC MULTISECTORIAL- PADRÓN

Datas: 06/04/2022- 12/08/2022

Horario: 9.30- 14.30 horas

Prazas: 15

Perfil alumnado: PERSOAS DESEMPREGADAS DO SERVIZO GALEGO DE EMPREGO

Modalidade: PRESENCIAL DE LIUNS A VENRES

Custe: GRATUÍTO

Axuda: BOLSA PARA DESPRAZAMENTO, CONCILIACIÓN E DISCAPACIDADE

Prácticas: SÍ

Saídas profesionais: OPERADORES/AS DE CENTRAL TELEFÓNICA; TELEOPERADORES/AS; RECEPCIONISTA; CLASIFICADOR/A DE CORRESPONDENCIA; TAQUILLEIROS/AS; OPERADORES/AS DE CENTRAL TELEFÓNICA. 

Persoas interesadas: chamar aos teléfonos: 673 689 660 ou 986 097 123  tamén no enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.