on 07 Setembro 2021
Se queres aprender inglés, non tes moito tempo para apuntarte na EOI da Estrada.
 
Non o pendes máis, fai a preinscrición hoxe!
 
Máis información:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
722 840 770
on 06 Setembro 2021
  • Contorna visual de email de Instagram: todo sobre contido de imaxe

Cando: Martes 7 de setembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • Ferramentas de email márketing: Sendiblue

Cando: Mércores 8 de setembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

TODAS AS FORMACIÓNS SON TOTALMENTE GRATUÍTAS

on 30 Agosto 2021

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

As persoas destinatarias destas actividades son:

– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 7 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 2 de setembro de 2021.

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 21 de setembro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 13 de setembro de 2021.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210830/AnuncioO150-200821-0001_gl.pdf

on 25 Agosto 2021
  • Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing

Cando: Mércores 1 de setembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

  • O teu plan de márketing dixital paso a paso

Cando: Xoves 2 de setembro de 12:00 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

Todas as formacións son totalmente gratuitas totalmente.

 

on 24 Agosto 2021

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 5 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación no Xacobeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2022 e se procede á súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR303B).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan de formación no Xacobeo Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR303B).

Tamén poderán participar nas referidas accións formativas reguladas por esta orde aqueles colectivos que, para tales efectos, se determinan no artigo 27.

As subvenciones que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras e primeira convocatoria terán como finalidade o financiamento de programas de formación destinados prioritariamente á cualificación profesional, no ámbito sectorial da hostalaría e o turismo, das persoas traballadoras ocupadas, e estarán orientados á adquisición e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas do sector que teñan os seus centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán subvencionarse aqueles programas de formación constituídos por accións formativas dirixidas á adquisición de competencias técnicas profesionais específicas relacionadas cos sectores do ámbito da hostalaría e turismo.

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir a especialidade na modalidade de teleformación no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, que a formación se imparta total ou parcialmente na modalidade de teleformación, no Rexistro Estatal de Entidades de Formación, regulado na Orde TMS/369/2019, do 1 de abril.

Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que tivesen achegado, na data de entrada en vigor da convocatoria, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como, de ser o caso, a acreditación do pagamento da correspondente taxa. As entidades deberán dispor, no ámbito territorial de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.

Cada convocatoria determinará o prazo de presentación de solicitudes, que non poderá ser inferior a un mes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210824/AnuncioG0599-110821-0001_gl.pdf

on 23 Agosto 2021

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Poderán participar nesta actividade formativa: os/as empregados/as públicos/as das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como da Administración de xustiza de Galicia e da Administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que se encontren en servizo activo; traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 23 de agosto ao 1 de setembro de 2021.

Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas.

Edicións: tres

Datas: do 21 de setembro ao 19 de novembro de 2021.

Proba final: o día 19 de novembro ás 10.00 horas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210820/AnuncioO150-120821-0001_gl.pdf