on 20 Xaneiro 2021
 

Os Viveiros de empresas de Deputación de Pontevedra, xunto coa Fundación Incyde, invitámosvos a participar no webinario “A economía circular: unha oportunidade para as empresas”

A cita será o vindeiro mércores 27 de xaneiro ás 19h (vía streaming)

Inscricións no formulario: https://www.depo.gal/-/a-economia-circular

on 19 Xaneiro 2021
 

Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as Xornadas XII e XIII de formación práctica dixital (E-martes).

Contidos.
A XII e a XIII Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que terán lugar os vindeiros martes, 2 e 16 de febreiro, abordarán o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: martes, 2 e 16 de febreiro de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas cada xornada.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
• Para a XII Xornada E-martes que se desenvolverá o día 2 de febreiro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 26 de xaneiro de 2021.
• Para a XIII Xornada E-martes que se desenvolverá o día 16 de febreiro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 8 febreiro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210119/AnuncioO150-130121-0001_gl.pdf

on 18 Xaneiro 2021
 
  • Reels: a nova función de Instagram

Cando: Martes 19 de xaneiro de 2020 de 19 a 20 horas

INSCRÍBETE

  • Cómo utilizar Instagram para promocionar a túa empresa I

Cando: Mércores 20 de xaneiro de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Impresión 3D II - Impresoras de filamento

Cando: Xoves 21 de xaneiro de 2020 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  • Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña

Cando: Venres 22 de xaneiro de 2020 de 12 a 13:00 horas

INSCRÍBETE

 

 

 

on 15 Xaneiro 2021
 

Se tes entre 16 e 29 anos e estás inscrito/a en Garantía Xuvenil, este programa interésache.

Bótalle un ollo ao cartel informativo! 

on 12 Xaneiro 2021
 

Se xa tes o Nivel A1-A2 e queres continuar a túa formación en Lingua de Signos Española desde casa, sen horarios e cun titor ou titora á túa disposición, apúntate! As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Toda a información sobre o curso e o formulario para realizar a matrícula, na seguinte ligazón: https://www.faxpg.es/cursos-online-lse-b1-1-2021-es.html