on 24 Febreiro 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do
título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210224/AnuncioG0598-160221-0001_gl.pdf

on 22 Febreiro 2021
  • Xestión administrativa 4.0: firma dixital e facturación electrónica

Cando: Martes 23 de febreiro de 2021 de 11 a 12 horas

INSCRÍBETE

  • Técnica e composición en fotografía

Cando: Martes 23 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Técnicas de márketing para a promoción de tours, experiencias e actividades

Cando: Mércores 24 de febreiro de 2021 de 11 a 12 horas

INSCRÍBETE

  • Audiomarketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast

Cando: Mércores 24 de febreiro de 2021 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  •  Impresión 3D VII - Laminador Cura III

Cando: Xoves 25 de febreiro de 2021 de 12 a 13:30 horas

INSCRÍBETE

  •  Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións

Cando: Venres 26 de febreiro de 2021 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

on 22 Febreiro 2021

Estes cursos son totalmente gratuítos, non é necesario ter coñecementos previos e tampouco pertencer a un país en particular, calquera persoa pode inscribirse e realizalos, unha vez concluído o curso, recíbese un certificado que avala os coñecementos adquiridos (formación non regrada).

Os cursos dispoñibles son os seguintes.

  • Microsoft Word 2010
    Con este curso, coñecerás o manexo e organización de ferramentas de texto, para a elaboración de documentos en distintos formatos.
    Tempo estimado de estudo: 20 horas

             INSCRÍBETE

  • Microsoft Excel 2010
    Este curso é básico respecto a as ferramentas de Microsoft utilizadas para o manexo e organización de actividades cotiás na nosa contorna, tales como a organización dunha axenda de traballo.
    Tempo estimado de estudo: 30 horas
    INSCRÍBETE
  • Microsoft PowerPoint 2010
    Este curso é básico respecto a as ferramentas de Microsoft utilizadas para o manexo e organización de actividades cotiás na nosa contorna; Microsoft PowerPoint 2010 é unha ferramenta que serve para todo tipo de persoas que teñan que facer presentacións escolares ou profesionais.
    Tempo estimado de estudo: 30 horas

            INSCRÍBETE

on 22 Febreiro 2021

Organiza Espazocoop a través de Eusumo a rede de colaboración impulsada pola Consellería de Emprego e Igualdade e coa colaboración de ECOBAS - Economics and Business Administration for Society e a Universidade de Vigo.

Persoas destinatarias: Persoas desempregadas, persoas activas que buscan outra forma de traballar, alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais e tamén persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo a fórmula cooperativa.

Datas: do 3 ao 31 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse 3 sesións virtuais de aprendizaxe os días 4, 17 e 26 de marzo de 11:00 a 12:30 h.

Duración: 40 horas

Inscrición:

Formulario: https://lnkd.in/drZM7zh
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
881 887 456

Máis información:
Eusumo: https://lnkd.in/diK-auT

on 19 Febreiro 2021

Obradoiro sobre o Emprendemento Cooperativo no Medio Rural: Oportunidades de Negocio

Inscrición gratuíta!

Modalidade: en liña a través da aula virtual.

Datas de celebración: 23 e 25 de febreiro e 2, 4 e 9 de marzo de 2021.

Horario: de 16:00 a 19:00 horas.

 Preme nesta ligazón para consultar o programa:
https://lnkd.in/dYDCENz

 Inscrición: https://lnkd.in/dKKPDwE

Máis información: https://lnkd.in/dbfkrHW

Para máis información: www.agaca.coop

on 19 Febreiro 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2021 (código de procedemento ED527A).

Carnés profesionais:
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:
– Operador/a industrial de caldeiras.
– Instalador/a de gas, categoría A.
– Instalador/a de gas, categoría B.
– Instalador/a de gas, categoría C.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

Prazo de presentación de solicitudes
1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210219/AnuncioG0598-110221-0002_gl.pdf