on 15 Febreiro 2021

Programa Formativo sobre a Galeguidade no Exterior.

As secretarías xerais da Emigración e Política Lingüística colaboran con Fundehsga nun programa formativo sobre a galeguidade no exterior:
https://lnkd.in/dJyUw4X

O programa “Cultura Galega e Emigración: a galeguidade na diáspora” conta con tres cursos, o primeiro deles de iniciación, o segundo intermedio e o terceiro superior.

O primeiro deles desenvolverase, vía on line, do 5 de abril ao 24 de maio e contará con 150 prazas.

 Inscrición: https://www.fundehsga.com/

FUNDEHSGA: https://lnkd.in/dv4Zf7t

on 15 Febreiro 2021

 

Nova edición do curso: "A Economía Social e a Modernización do Sector Agroalimentario: Certificacións de Calidade e Medioambientais"

Inscrición gratuíta!

Prazas limitadas

Modalidade: en liña.

Datas: do 22 de febreiro ao 31 de marzo de 2021

Duración 70 h.

O curso consta de tres unidades didácticas:

Cooperativismo no sector primario.
Certificacións de calidade.
Certificacións medioambientais.

Formulario de inscrición: https://lnkd.in/dPjVfFA

Máis información: https://lnkd.in/dx2urtU

 Para máis información:
981 584 783
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

on 12 Febreiro 2021

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do
título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 8 de marzo ao 18 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210212/AnuncioG0598-040221-0002_gl.pdf

on 10 Febreiro 2021
 

Trátase dunha acción formativa subvencionada e destinada a persoas en situación de desemprego, que se levará a cabo nas instalacións que COESCO en A Estrada (Rúa San Paio 21-baiso), previsto para dar inicio o 1 de marzo de 2021 e que se prolongará ata o 8 de outubro do mesmo ano, en horario de 9 a 14 h.

Dita acción formativa pertence ao procedemento TR301P, sendo unha acción formativa con compromiso de contratación.

As persoas interesadas, poderán poñerse en contacto con Coesco a través da vías diferentes vías que figuran no cartaz axunto a este mail (teléfonos 986 572 025 – 667 703 711, ou a través do mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Ao ser un certificado cun nivel de cualificación profesional 3, poderán acceder aquelas persoas interesadas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Título de Bacharelato.
  • Algún certificado de profesionalidade de nivel 3.
  • O certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional, neste caso o certificado de Actividades de xestión administrativa (ADGD0308).
  • Cumprir o requisito de accesos a ciclos formativos de grado superior ou haber superado as correspondentes probas reguladas pola administración educativa.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 e/ou 45 anos.
  • Ter as competencias clave necesarias de nivel 3, segundo o recollido no anexo IV do RD34/2005.
on 09 Febreiro 2021
 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade de continuaren formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0598-280121-0010_gl.pdf

on 08 Febreiro 2021
 

Academia Galega de Seguridade Pública
RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a
formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Destinatarios/as
a) Licenciados/as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
b) Técnicos/as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas

Requisitos xerais:
a) Estar en posesión do título de licenciado ou graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou de técnico superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas
b) Non atoparse inscrito de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210208/AnuncioO3C2-260121-0002_gl.pdf