XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR DE CENTTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS (ERASMUS +)

26. 02. 04

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131- HED-000228113 no curso 2025/26.

Poderán concorrer a esta convocatoria as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Estar matriculadas durante o curso 2025/26 nun ciclo formativo de grao superior de Formación Profesional ou nun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, e estar en condicións de acceder á realización da formación en centros de traballo (FCT) ou de realizar un período de formación práctica en empresas antes do comezo da mobilidade.

b) Ter obtido unha titulación de grao superior de Formación Profesional ou certificado dun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, durante os doce (12) meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.

As actividades susceptibles de ser financiadas mediante esta convocatoria son as seguintes:

a) Mobilidades físicas de longa duración para formación práctica (2 a 12 meses), que permiten a realización de períodos de formación práctica no estranxeiro nunha empresa, un instituto de investigación, un laboratorio, unha organización ou calquera outro lugar de traballo pertinente.

b) Mobilidades combinadas para formación práctica, que constarán das seguintes partes:

• Mobilidade física de curta duración (5 a 30 días) para a realización de períodos de formación práctica no estranxeiro nunha empresa, un instituto de investigación, un laboratorio, unha organización ou calquera outro lugar de traballo pertinente.

• Compoñente virtual obrigatorio que facilite o intercambio educativo e o traballo en equipo en liña e de maneira colaborativa.

Este compoñente poderá ter lugar antes ou despois da mobilidade física.

A mobilidade combinada para estudos debe conceder un mínimo de tres (3) créditos ECTS.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260204/AnuncioG0761-220126-0003_gl.pdf