Instituto Galego da Vivenda e Solo
RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2021 pola que se convocan as bolsas de formación para o ano 2021 (código de procedemento VI440D).
Coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionadas cos ámbitos de actuación do citado organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica que lle permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional, o IGVS quere darlles a posibilidade de que se formen nas materias relacionadas coas funcións que lle son propias
As prazas que se convocan son as seguintes:
- Seis bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
- Dúas bolsas para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
- Unha bolsa para persoas con grao en Dereito.
- Unha bolsa para persoas con grao en Economía.
As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentaren a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:
– Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
– Non ter sido con anterioridade beneficiario/a doutra bolsa de formación do IGVS.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
– Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210618/AnuncioC3Q2-080621-0003_gl.pdf