Están dirixidas a persoas tituladas universitarias no ámbito da análise das políticas de gastos e ingresos públicos; financiamento das Facendas Territoriais; estabilidade orzamentaria e transparencia; análise xurídica do sistema tributario e de gasto público español; sistemas fiscais comparados e estatística tributaria e socioloxía tributaria.
Prazo: ata o 25 de xuño.
Persoas beneficiarias:
Persoas físicas, con plena capacidade de obrar que teñan nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea, ou do Espazo Económico Europeo e que se atopen ao termo do prazo de presentación de solicitudes en posesión do título de Grao, ou de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, ou titulación superior equivalente, dependendo da área solicitada. En todo caso, o título deberá obterse entre os anos 2017 a 2021 (ambos incluídos, e ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes).
As titulacións admitidas para cada Área son as seguintes:
A.- ECONOMÍA E FACENDA PÚBLICA (4 bolsas): persoas graduadas ou licenciadas en Economía, Socioloxía, Administración e Dirección de Empresas.
B.- DEREITO FINANCEIRO E TRIBUTARIO (2 bolsas): persoas graduadas ou licenciadas en Dereito.
C.- ESTATÍSTICA (1 bolsa): persoas graduadas ou licenciadas en materias relativas a Estatística ou Matemáticas.
D.- TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN:
D.1. Subárea de Informática (1 bolsa): persoas graduadas, licenciadas ou Enxeñeiros/as Superiores en Informática, Computadores, Software, ou materias similares.
D.2. Subárea de Información e Comunicación (1 bolsa): persoas graduadas ou Licenciadas en Xornalismo, Comunicación audiovisual, Publicidade, Relacións Públicas ou materias similares.
E.- BIBLIOTECA E DOCUMENTACIÓN (1 bolsa): persoas graduadas ou licenciadas en Biblioteconomía, Documentación ou materias similares.
Máis información e solicitude:
BOE 10/06/202: https://lnkd.in/d7zscK6
Subvencións: https://lnkd.in/dirtVnY
IEF: https://lnkd.in/dvDjqjf
Sede electrónica: https://lnkd.in/dBeVpeT