CENTRO RAMÓN PIÑEIRO CONVOCA 11 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

21. 07. 19

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 5 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2021, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social, en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social e quedan asimilados a traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2021 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2023. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, considerarase o último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se for festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210719/AnuncioG0598-060721-0006_gl.pdf