O CONGRESO DOS DEPUTADOS CONVOCA 6 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA SOBRE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL RELACIONADA CO PARLAMENTO

21. 11. 04

CORTES XERAIS

Acordo do 5 de outubro de 2021, da Mesa do Congreso dos Deputados, polo que se convocan bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada co Parlamento.

Cada unha das seis bolsas terá unha duración de doce meses. O inicio das mesmas comunicarase aos beneficiarios simultaneamente á notificación da concesión. As bolsas terminarán o 31 de decembro de 2022. 
 
A contía total da bolsa será de doce mil novecentos euros (12.900 €) brutos, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de mil setenta e cinco euros (1.075 €) e que estarán suxeitos ás retencións que proceda.
 
Así mesmo, os beneficiarios da bolsa contarán coa cobertura outorgada pola Seguridade Social, segundo a normativa vixente en cada momento e dentro dos requisitos e condicións propios deste tipo de bolsas.
 
As bolsas serán indivisibles, improrrogables e incompatibles con calquera outra concedida para o mesmo período ou con calquera outro traballo remunerado.
 
O prazo para a presentación de instancias será de dez días hábiles, seguintes á data de publicación no «Boletín Oficial do Estado».