O CONGRESO DOS DEPUTADOS CONVOCA 12 BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA EN DOCUMENTACIÓN, BIBLIOTECONOMÍA E ARQUIVISTICA

21. 11. 04

CORTES XERAIS

Acordo do 19 de outubro de 2021, da Mesa do Congreso dos Deputados, polo que se convocan bolsas para a formación práctica en documentación, biblioteconomía e arquivística.

Cada unha das doce bolsas terá unha duración de doce meses, que poderá prorrogarse por un período máximo de seis meses, cando a conclusión dos estudos e traballos que se estean realizando así o aconsellen. A prórroga será acordada polo Presidente do Congreso dos Deputados, a proposta do Secretario Xeral da Cámara, previo informe favorable do Xefe de Departamento correspondente.
 
O inicio das bolsas comunicarase ás persoas beneficiarias simultaneamente á notificación da concesión. 
 
A contía total da bolsa será de doce mil novecentos euros (12.900 €) brutos por ano, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de mil setenta e cinco euros (1.075 €) e que estarán suxeitos ás retencións que proceda.
 
Así mesmo, os beneficiarios da bolsa contarán coa cobertura outorgada pola Seguridade Social, segundo a normativa vixente en cada momento, e dentro dos requisitos e condicións propios deste tipo de bolsas.
 
O prazo para a presentación de instancias será de quince días naturais seguintes á data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado.