ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSA SCHUMAN DO PARLAMENTO EUROPEO

21. 11. 10
O Parlamento Europeo vén de abrir o prazo de inscrición para solicitar as bolsas Schuman, dirixidas a mozas e mozos que desexen coñecer o funcionamento diario dunha das institucións máis representativas e importantes da Unión, así como formarse en competencias e habilidades relacionadas co traballo institucional.   
 
Para inscribirse nestas bolsas, as persoas solicitantes deberán cumprir varios requisitos:
  • Ter máis de 18 anos;
  • Posuír a nacionalidade dun Estado membro;
  • Ter unha titulación universitaria;
  • Ter un coñecemento profundo de dúas linguas da Unión Europea; e
  • Non ter desfrutado dunha bolsa en institucións europeas por máis de dous meses consecutivos nin ter realizado unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo nos seis meses anteriores ao comezo das prácticas. 
As bolsas Schuman son remuneradas e poden levarse a cabo nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo, como Bruxelas, Luxemburgo ou Estrasburgo, ou nas oficinas de enlace nos Estados membros.  
 
Consulta a información sobre o procedemento de inscrición, que finaliza o vindeiro 30 de novembro, AQUÍ: https://ep-stages.gestmax.eu/website/application-informations