O Servizo Alemán de Intercambio Académico DAAD ofrece bolsas para estudar alemán en cursos de verán en Alemaña. Estas bolsas teñen como obxectivo mellorar o coñecemento do idioma alemán (idioma xeral, idioma técnico) e estudos rexionais.
DURACIÓN: Os cursos teñen unha duración de polo menos 18 días lectivos (máximo 5 días á semana, excluíndo os días de chegada e saída) con polo menos 25 horas lectivas por semana cada un.
REQUISITOS:
Universitarios/as maiores de 18 anos. Débense demostrar habilidades no idioma alemán no momento da solicitude.
PRAZO:
Ata o 1 de decembro de 2021.
DOTACIÓN:
Pago único de bolsa de 1.061 €; Os bolseiros dos "Países Menos Desenvolvidos" reciben unha bolsa por importe de 1.236 €.
MÁIS INFORMACIÓN: https://www.daad.es/es/encontrar-becas/buscador-de-becas/?origin=41&status=3&type=a&q=Hochschulsommerkurse+in+Deutschland+f%C3%BCr+ausl%C3%A4ndische+Studierende+und+Graduierte&subjectgroup&onlydaad=0&language=en&pg=1&detail_to_show=50035295&show_tab=applicationreq