CONVOCADAS AS BOLSAS MAEC-AECID PARA O CURSO 2022-2023

22. 02. 04
O Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE) informou da convocatoria de 3 Programas de Bolsas MAEC- AECID para a capacitación de mozos/as españois de fronte ao curso académico 2022-2023.
 
Estas Bolsas convocadas pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento teñen como obxectivo conceder axudas para a formación de mozos/as españois.
 
1.- Programa de Cooperación. Para mozos/as españois de formación en xestión de cooperación ao desenvolvemento nas Oficinas Técnicas de Cooperación e nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina da AECID.
 
As persoas interesadas en conseguir estas bolsas deben posuír un título de Máster en áreas afíns á cooperación ao desenvolvemento ou as relacións internacionais, coñecementos de idiomas (ver Anexo VII destinos) e idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2022.
 
O/a  solicitante poderá expresar a súa preferencia de área xeográfica de destino: África francófona, África non francófona, Oriente Medio e Filipinas e América Latina.
 
2.- Programa Cult. Para mozos/as españois en formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, e centros culturais de España.
As persoas interesadas deben ter un título de Grao ou Licenciatura (preferentemente en áreas afíns á xestión cultural e á diplomacia científica), coñecementos de idiomas (ver Anexo VIII destinos) e idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2022.
 
O/a solicitante da especialidade xestión cultural poderá expresar a súa preferencia de área xeográfica de destino: África, Europa e América do Norte, Asia-Pacífico e América Latina.
 
3.- Programa Coe. Para a formación de mozos/as españois en asuntos europeos no Colexio de Europa.
Para acceder a este programa é necesario ser preseleccionado/a polo Colexio de Europa, de acordo cos criterios de selección establecidos polo devandito Colexio e idade non superior a 27 anos ao 31 de decembro de 2022.
 
Contía das bolsas
Cada un destes programas canta cunha dotación mensual durante o período de concesión da mesma, un seguro de asistencia sanitaria no estranxeiro e un seguro de accidentes.
 
A dotación de cada un dos programas detállase nos anexos correspondentes de cada programa.
Estas oscilan entre os 1.900 e 3.200 euros mensuais segundo o lugar de destino.
Ademais, existen outras axudas determinadas en cada programa de bolsas que poden consultarse nos citados anexos.
 
Prazo de presentación de solicitudes
Se estás interesado/a, debes presentar a túa solicitude antes de que acabe o prazo establecido para cada Programa.
 
Programa Cooperación: do 7 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022.
 
Programa Cult: do 7 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022.
 
Programa Coe: do 18 de febreiro ao 4 de marzo de 2022.
 
Onde presentar a solicitude
As solicitudes realizaranse en liña accedendo ao formulario dispoñible na web https://aecid.gob.es/
Antes de encher o formulario telemático de solicitude de bolsa, as persoas interesadas deberán estar rexistradas no cartafol do cidadán da sede electrónica da AECID a efectos de identificación e notificación.
 
Máis información