Instituto Galego do Consumo e da Competencia
RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen, mediante a tramitacións anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO400D).
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de dez meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2022.
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 10 meses.
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220203/AnuncioG0482-170122-0001_gl.pdf