Importante: este ano adiántase o prazo para solicitar bolsas do curso 2022/23: ábrese o 30 de marzo e termina o 16 de maio de 2022. (PRAZO AMPLIADO)
Por que se adianta o prazo de solicitude?
Así saberás se cumpres ou non os requisitos económicos antes de ver que vas estudar.
A QUÉ BOLSAS AFECTA?
Bolsas FP, Bacharelato e outros
Bolsas universidade: grao e máster
Cal é o novo prazo para solicitar bolsa?
Atento/a, porque o prazo para solicitar bolsa para o curso 2022 - 2023 adiantouse: é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022.
Debes solicitar a túa bolsa dentro deste prazo, aínda que non saibas aínda que vas estudar, e mesmo aínda que non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e cara a setembro poderás cambialos.
Quen son os membros computables da miña unidade familiar?
É o número de persoas da familia que contan á hora de saber o limiar económico que che corresponde para valorar a contía da túa bolsa. Este número depende do tipo de unidade familiar que teñas.
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Se precisas axuda para a súa tramitación, desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man! Podes pasarte directamente pola nosa oficina ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario 9.00 a 14.30 horas.