Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).
Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.
A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423A.480.1 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, dos orzamentos do ano 2022, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio. A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220530/AnuncioG0655-240522-0002_gl.pdf