Requisitos :
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro do 2005.
- Obter no curso 2021-2022 a condición de bolseiro/a do Ministerio de Educación e Formación Profesional nalgún dos estudos apuntados no punto seguinte conforme á Resolución do 28 de xullo de 2021, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2021-2022, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (BOE do 2 de agosto).
- Estar matriculado/a no curso 2021/22 en: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño Grao medio de ensinos deportivos, Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
- Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e obter no devandito curso unha nota final mínima de 7,00 na materia de inglés.
- Terán preferencia as persoas solicitantes que obtivesen unha puntuación superior na materia de inglés. A esta nota sumaranse 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación
- Dotación : A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do/a alumno/a que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa.