INJUVE CONVOCA AS AXUDAS CICERONE- PRÁCTICAS DE LABORATORIO NO CNIC PARA O ESTUDANTADO UNIVERSITARIO

22. 03. 29

A convocatoria CICERONE (Prácticas de laboratorio no CNIC) ten como obxectivo achegar a investigación biomédica aos estudantes de Master e dos últimos cursos dun Grao universitario de Biomedicina (Medicina, Bioloxía, Biotecnoloxía, etc.) ou áreas relacionadas con este campo (Física, Química, Enxeñería, etc.) mediante estancias de 6 semanas no CNIC para a realización de prácticas.

O CNIC ofrece a estudantes, tanto de máster como dos últimos cursos de graos universitarios de biomedicina ou áreas relacionadas con este campo (física, química, enxeñerías...), a posibilidade de entrar en contacto, de forma temperá, coa realidade da investigación biomédica e completar a súa formación mediante a realización de prácticas de 6 semanas de duración, durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 15 de setembro de 2022. No caso de participantes de último curso de grao ou máster, tras a realización das prácticas e en función dos resultados das mesmas, avaliados polo xefe de grupo e avalados pola dirección científica do CNIC, o Centro poderá ofertar á persoa beneficiaria un contrato laboral de ata un ano de duración que terá a denominación de contrato Cicerone.
 
Concederanse un máximo de 31 prazas para o programa CICERONE 2022.
 
Requisitos
- Ser estudante universitario de calquera nacionalidade, cursando estudos de grao, ou máster relacionados coas ciencias biomédicas ou áreas relacionadas con este campo (medicina, bioloxía, física, química, enxeñerías, etc.).
- Ter aprobados o 50% dos créditos do grao o día 9 de abril de 2022.
A persoa participante debe poder acreditar mediante documento oficial ter o número de créditos necesarios para participar neste Programa na data indicada.
- Posuír unha nota media dos créditos cursados (tanto de grao como de máster) igual ou superior a 8 en escala 1-10.
 
Dotación
As candidaturas seleccionadas recibirán unha subvención económica de 1.500 euros. Ás persoas participantes que residan fóra da Comunidad de Madrid tamén se lles cubrirán os gastos derivados do desprazamento a Madrid en clase turista ata un máximo de 500 euros (1 viaxe de ida e volta desde o seu lugar de residencia habitual).
 
Máis Información Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 

Periodo de inscripción: Do 26/03/2022 ao 06/05/2022