INSTITUTO GALEGO E DA COMPETENCIA CONVOCA 5 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE DEREITOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS E SEGURIDADE DOS PRODUTOS

22. 06. 01

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO400E).

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de seis meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2022.

Cada unha das 5 bolsas terá un destino e lugar de desenvolvemento distinto, en función das oficinas que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia ten na nosa comunidade autónoma. Para iso o solicitante deberá elixir unha soa oficina de destino a través do anexo V, de tal xeito que se un solicitante presenta dúas solicitudes para dúas oficinas distintas, terase en conta unicamente a primeira solicitude presentada.

Do mesmo xeito, se o solicitante marca varias oficinas na mesma solicitude (anexo V), desestimarase a dita solicitude. Para iso deberá cubrir o anexo V en función das oficinas de destino seguintes:

– Oficina do IGCC na localidade da Coruña.

– Oficina do IGCC na localidade de Lugo.

– Oficina do IGCC na localidade de Ourense.

– Oficina do IGCC na localidade de Pontevedra.

– Oficina do IGCC na localidade de Vigo.

Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lle concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, en dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.

d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para desempregados.

e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego. f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

g) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

h) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.

g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220601/AnuncioG0482-180522-0001_gl.pdf