CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA 3 BOLSAS DE COLABORACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

22. 05. 30

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2022 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.100,00 euros mensuais.

Esta cantidade estará suxeita ás retencións que proceden, de conformidade co establecido no Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como ao réxime de cotización establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social. A dotación das bolsas, que ten carácter plurianual, é de 49.000,00 €, distribuídos como segue:

– Para a dotación das bolsas destinaranse 46.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 03.01.111D.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023 , dos cales 23.100,00 € corresponden ao ano 2022 e 23.100,00 € corresponden ao ano 2023.

– Para as cotizacións á Seguridade Social destinaranse 2.800,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 03.01.111D.484.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, do cales 1.400,00 € corresponden ao ano 2022 e 1.400,00 € corresponden ao ano 2023.

Para o cálculo deste importe aplícanse as regras de cotización correspondentes aos contratos para a formación e aprendizaxe, tomando como referencia a cota empresarial para o ano 2021, máis unha cantidade adicional para posibles incrementos da cota ou que poidan derivar de altas e baixas na mesma bolsa e no mesmo mes.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será de un (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220523/AnuncioO111-090522-0002_gl.pdf