MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
Extracto da Resolución do 8 de xuño de 2022, da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan 2.431 Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios para o curso académico 2022-2023 destinadas a alumnos que vaian finalizar os estudos de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.
Poderán solicitar bolsas de colaboración os/as estudantes universitarios/as que no curso 2022-2023 estean matriculados/as no último curso de estudos de Grao ou no primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde e
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades
O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 20 de setembro.