CONSELLERIA DE CULTURA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS NA MODALIDADE DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS NOS ÁMBITOS DA MÚSICA, DANZA, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

22. 06. 23

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311F).

Poderanse conceder ata un máximo de seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: tres (3) premios no ámbito de Música, un (1) no ámbito de Danza e dous (2) no ámbito de Artes Plásticas e Deseño. Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade no ámbito de Música ou por familia profesional no ámbito de Artes Plásticas e Deseño.

A dotación para os premios será de 6.000 euros, con cargo á partida orzamentaria 10.30.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2022, que se distribuirán entre os premiados na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 euros por premio.

Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2021/22, nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música ou de Danza ou cunha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220623/AnuncioG0655-080622-0006_gl.pdf