Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 13 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2022, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social, en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social e quedan asimilados a traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.
Duración
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2022 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2024. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220722/AnuncioG0655-130722-0001_gl.pdf