FUNDACIÓN ONCE CONVOCA BOLSAS PARA QUE MOZOS/AS CON DISCAPACIDADE ESTUDEN IDIOMAS NO EXTRANXEIRO

22. 07. 20
Fundación ONCE mantén aberta a súa V edición de axudas de idiomas, na que ofrece bolsas para que mozas con discapacidade de entre 18 e 29 anos poidan estudar inglés, francés ou alemán nalgún país europeo cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.
 
A iniciativa desenvólvese no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 (POEJ), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e pretende promover a formación en idiomas e a mobilidade internacional dos mozos/as con discapacidade, @teniendo en cuenta “os déficits formativos en competencias lingüísticas” e as dificultades de inserción laboral detectadas neste grupo de poboación.
 
As persoas con discapacidade teñen maiores barreiras e obstáculos para acceder a un emprego. Todos os indicadores do mercado laboral evidencian que a súa situación é claramente de desvantaxe con relación á situación das persoas sen discapacidade.
 
As axudas son para cursos e estancias de entre catro e doce semanas de duración. En concreto, as bolsas para estancias de catro semanas son de 2.000 euros, mentres que as de 12 ascenden a 6.000 euros.
 
Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 1 de marzo e o 31 de decembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de “polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha”.
 
Os países nos que os beneficiarios poden recibir os seus cursos son Gran Bretaña, Irlanda, Malta, Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza, Austria ou Alemaña.
 
REQUISITOS E PRAZOS 
 
As persoas interesadas en obter unha axuda para este fin haberán de acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ter entre 18 e 29 anos cando envíen a solicitude, estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de maneira previa ao comezo do curso e posuír un nivel mínimo B1 do idioma para o que solicitan a axuda ou outro título ou nivel asimilado.
 
Poderán presentar as súas solicitudes ata o 30 de setembro de 2022 a través do portal de bolsas de Fundación ONCE: https://becas.fundaciononce.es/ na sección de Bolsas de idiomas no estranxeiro.
 
Como novidade, nesta quinta edición os/as estudantes/as que se beneficiaron en edicións anteriores desta convocatoria de axudas si poderán ser de novo beneficiarios dunha bolsa.