Convocadas 18 bolsas Fulbright España de investigación predoctoral en universidades ou centros de investigación de Estados Unidos en calquera disciplina, para titulados superiores españois que estean a realizar o #doutoramento en España e que estean interesados en levar a cabo proxectos de investigación predoctoral en EE.UU.
As bolsas concederanse durante un período de entre seis e doce meses, e distribuiranse da seguinte forma:
- 10 bolsas do programa xeral, abertas a doutorandos en calquera #universidade española.
- 5 bolsas específicas para doutorandos de universidades de Andalucía, financiadas por a Xunta de Andalucía.
- 3 bolsas específicas para doutorandos de universidades de Murcia, financiadas polo Goberno da Región de Murcia / Fundación Séneca - Axencia de Ciencia e Tecnoloxía da Región de Murcia.
🗓️ Solicitudes ata o 1 de decembro