INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN PARA O ANO 2023

23. 01. 18

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022 pola que se convocan as bolsas de formación deste instituto para o ano 2023 (código de procedemento VI440D).

As prazas que se convocan son as seguintes:

– Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.

– Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.

– Unha bolsa para persoas con grao en Enxeñaría con máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos ou máster en Enxeñería industrial.

– Dúas bolsas para persoas con grao en Dereito.

– Unha bolsa para persoas con grao en Economía.

As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS da Coruña.

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Lugo.

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Ourense.

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Pontevedra.

– As demais bolsas levaranse a cabo nos servizos centrais do IGVS, en Santiago de Compostela.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230118/AnuncioC3Q2-231222-0002_gl.pdf