MINISTERIO DE EDUCACIÓN CONVOCA AXUDAS PARA UN CURSO INTENSIVO DE INMERSIÓN LINGÜISTICA EN INGLÉS

23. 02. 03
Requisitos:
 
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro do 2006.
- Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional nalgún dos estudos apuntados no punto seguinte conforme á Resolución do 10 de marzo de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (Extracto publicado no BOE do 12 de marzo).
- Estar matriculado/a no curso 2022/23 en: Bacharelato Ensinos profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional Grao medio de artes plásticas e deseño Grao medio de ensinos deportivos Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado Ter aprobadas todas as materias do curso 2021-2022 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9,00 na materia de inglés.
- Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior na materia de inglés. A esta nota sumaranse 1,5 puntos aos solicitantes de nova adxudicación.
 
Dotación:
 
A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento.
O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa.
 
Prazo de presentación de solicitudes:
 
Desde o 01 de febreiro de 2023 ata o 03 de abril de 2023