XUNTA DE GALICIA CONVOCA 250 BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MASTER QUE SE INICIEN NO CURSO 2023/24

23. 02. 02

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A).

Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 28 de abril de 2023 ás 23.59 horas (hora peninsular española).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230202/AnuncioC3B0-030123-0001_gl.pdf