O obxecto da presente convocatoria é a concesión de vinte e cinco bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2023-2024, distribuídas nas seguintes áreas:
Área de audiovisual: 3 bolsas
Área de danza e artes do movemento: 3 bolsas
Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas
Área de música: 12 bolsas
Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas
A finalidade das bolsas é a mellora das formación artística das persoas destinatarias, completando e actualizando os seus niveis formativos.
Os estudos artísticos realizaranse de xeito presencial fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
A dotación das bolsas é de 10.000 € cada unha delas e o seu importe total, 250.000 €, impútase á aplicación orzamentaria 0612/3262/481, na que existe crédito adecuado e suficiente.
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/03/06/2023_0000001517.html