DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O ANO 2023

23. 03. 06

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de 20 bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2023-2024, cunha duración mínima de nove meses a contar desde a publicación da concesión definitiva, distribuídas nas seguintes áreas:

Área de artes e humanidades: 5 bolsas

Área de ciencias: 4 bolsas

Área de ciencias da saúde: 4 bolsas

Área de ciencias sociais, xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas

Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas

O obxectivo desta convocatoria é o apoio á actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/03/06/2023_0000001518.html