XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

23. 04. 21

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 5 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN225A).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de dúas bolsas de formación na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN225A)

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023, cunha duración máxima de sete meses e medio, contados desde a data de incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 9.000,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200,00 € brutos ao mes.

A formación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo en xornada de mañá.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230421/AnuncioV0653-130423-0006_gl.pdf