TRIBUNAL CONSTITUCIONAL CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN EN TAREFAS RELACIONADAS COA INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO XURÍDICO DA DOUTRINA CONSTITUCIONAL

23. 05. 04

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Resolución do 25 de abril de 2023, da Secretaría Xeral do Tribunal Constitucional, pola que se convocan bolsas de formación en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional.

Convócanse seis bolsas, cunha duración de doce meses. As bolsas poderán ser prorrogadas, se fose conveniente para o programa de formación e previa aceptación dos interesados, por un máximo de seis meses, conforme as dispoñibilidades orzamentarias. A dotación da bolsa será de 1.260 euros brutos mensuais, sendo 15.120 euros o importe do gasto para comprometer por cada unha das bolsas, imputable á aplicación orzamentaria 487.