Trátase dun programa que a FGE leva a cabo cada ano para potenciar o coñecemento sobre asuntos comunitarios dende unha perspectiva galega. As catro persoas seleccionadas realizarán o programa formativo na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas a partir de setembro durante 11 meses.
Do total de catro bolsas, tres están dirixidas a persoas cun título universitario. Destas, dúas son para a formación xeral en asuntos comunitarios e outra para a formación en comunicación das políticas comunitarias e a participación galega en asuntos europeos. Esta última modalidade está reservada para titulados en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou Publicidade e Relacións Públicas.
A cuarta bolsa destínase a persoas con titulación técnica superior de Formación Profesional na familia de Administración e Xestión, para a realización de prácticas de secretariado e apoio administrativo.
As persoas interesadas en optar ás bolsas deben presentar obrigatoriamente a solicitude a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta no prazo dun mes.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230504/AnuncioG1570-200423-0001_gl.pdf